6 jun 2012

INTERCULTURALIDADE

Neste curso contamos entre nós coa presenza de tres compañeiros procedentes doutros países: Cuba e Andorra.A nosa curiosidade por coñecer algo máis deses países, levounos a buscar información e con ela facer unha presentación en Power Point.

14 feb 2012

Celebración Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e os alumnos e alumnas do 3º Ciclo realizaron un mural en lembranza desta data tan sinalada. Tamén cantaron aos nenos e nenas do 2º Ciclo a canción que podedes escoitar neste video.

Esperamos que vos guste.